Charla de Montse Fajardo polo 25N: «O Padroado de protección ás mulleres: a institucionalización da violencia contra as mulleres»
📅 luns, 23 de novembro de 2026, 20:30📍 Casino de Noia
Dentro da programación do 25N do Concello de Noia, a xornalista e investigadora Montse Fajardo ofrece a charla «O Padroado de protección ás mulleres: a institucionalización da violencia contra as mulleres». Ademais dunha sesión dirixida ao alumnado de 4.º da ESO e 1.º de Bacharelato no Coliseo Noela, haberá unha segunda quenda ás 20.30 horas no Casino de Noia. Máis información: https://obarbanza.gal/2026/11/noia-celebrara-o-25n-implicando-a-rapazada-e-a-mocidade-en-exposicions-relatorios-e-contacontos/
Onde
Casino de Noia, Noia (A Coruña)
