Obradoiro de defensa persoal para mulleres (25N, Noia)
📅 sábado, 5 de decembro de 2026, 11:00📍 Antigo Ximnasio Muíños
Dentro da súa programación polo 25N, o Concello de Noia ofrece un obradoiro de defensa persoal para mulleres no antigo Ximnasio Muíños, impartido por Metanoia Arte Suave. Hai dúas quendas: ás 11:00 para idades de 10 a 15 anos e ás 12:00 a partir dos 16 anos. Ademais, o domingo 13 de decembro o CIM de Noia organiza outro obradoiro de defensa persoal no Casino de Noia a partir das 10:00. Máis información: https://obarbanza.gal/2026/11/noia-celebrara-o-25n-implicando-a-rapazada-e-a-mocidade-en-exposicions-relatorios-e-contacontos/
Onde
Noia (A Coruña)
