Traballamos para non perder os 200.000 € do GALP destinados á Factoría da Mocidade

O Concello negocia co GALP e cos servizos técnicos para corrixir as irregularidades herdadas do anterior goberno do PP e manter a subvención europea para A Chaínza.
A agrupación local do PSdeG-PSOE en Noia traballa para evitar a perda dunha subvención europea de preto de 200.000 € procedente do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro), destinada á creación dunha Factoría da Mocidade no espazo da Chaínza.
O proxecto presentado polo anterior goberno municipal (PP + NO.I.A.) non se correspondía co que despois saíu a licitación, xerando unha irregularidade administrativa que pon en risco a axuda. O actual executivo, presidido por Francisco Pérez, mantén contactos coa GALP e cos servizos técnicos para adaptar o expediente ás condicións orixinais da resolución da axuda.
A Factoría da Mocidade ten como obxectivo dotar á xuventude noiesa dun espazo propio para iniciativas culturais, formativas e emprendedoras, financiado en gran medida con fondos europeos.
