Jesús Díaz Fornas, exalcalde de Noia, dirixirá a gestora do PSdeG en Ribeira

por Administrador · 06 de maio de 2026
Jesús Díaz Fornas, exalcalde de Noia, dirixirá a gestora do PSdeG en Ribeira

A executiva do PSdeG designou ao histórico dirixente noiés Jesús Díaz Fornas como responsable da gestora encargada de reorganizar a agrupación socialista de Ribeira.

A dirección galega do PSdeG-PSOE designou ao exalcalde de Noia, Jesús Díaz Fornas, ao fronte da gestora encargada de reorganizar a agrupación do partido na veciña Ribeira. A decisión recoñece a traxectoria política e a experiencia institucional dun dos referentes históricos do socialismo na nosa comarca.

Para a agrupación socialista de Noia é un orgullo que un dos nosos militantes asuma esta responsabilidade nun concello de relevancia estratéxica para o Barbanza. Dende Noia desexámoslle a Jesús Díaz Fornas o maior dos éxitos nesta nova etapa, convencidos de que o seu labor reforzará a presenza do PSdeG en toda a comarca.

Fonte: El Correo Gallego, 13 de febreiro de 2026

Comparte