Aprobamos o orzamento de 2026 cunha inversión sen precedentes en saneamento

O novo orzamento municipal de 14,5 millóns de euros, pactado co BNG, prioriza o saneamento, a mellora de servizos e a débeda herdada do anterior goberno do PP.
O goberno municipal pechou un acordo co BNG para sacar adiante o orzamento de 2026, que ascende a 14,5 millóns de euros. O acordo destaca por unha inversión "sen precedentes" en saneamento, unha asignatura pendente do municipio durante anos de xestión do PP.
O novo orzamento incorpora tamén partidas para reducir a débeda municipal herdada (5,5 millóns de euros con outras administracións), mellorar os servizos públicos esenciais e poñer en marcha proxectos de rexeneración urbana en distintos puntos de Noia. O alcalde Francisco Pérez subliñou que as contas elaboráronse con criterios de transparencia e participación, en contraste coa opacidade dos orzamentos anteriores.
Dende a agrupación socialista valoramos moi positivamente o espírito de diálogo co BNG e co resto de forzas progresistas, que permitiu sacar adiante unhas contas á altura das necesidades reais da veciñanza.
