Levamos ao Parlamento a reclamación dun centro de día público para Noia

por Administrador · 06 de maio de 2026
Levamos ao Parlamento a reclamación dun centro de día público para Noia

O grupo parlamentario do PSdeG rexistrou unha iniciativa para esixirlle á Xunta a construción dun centro de día en Noia, un servizo demandado dende hai anos pola veciñanza maior.

O PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para esixirlle á Xunta a posta en marcha dun centro de día público en Noia. A reclamación responde á demanda histórica das familias do municipio que necesitan un recurso público de proximidade para a atención das persoas maiores en situación de dependencia.

Noia é unha das cabeceiras comarcais de Galicia que aínda non dispón dun centro de día de titularidade autonómica, a pesar de contar cunha poboación envellecida que xustificaría sobradamente o servizo. Dende o grupo municipal apoiamos a iniciativa parlamentaria e seguiremos esixindo ao goberno da Xunta que cumpra con Noia.

Fonte: Galicia Press, 16 de xaneiro de 2026

Comparte