Auditoría externa das contas municipais
Encargar unha auditoría externa a empresa independente para darlle transparencia ao uso do diñeiro público.
Ver detalle
Transparencia total. Queremos que cada euro quede documentado e accesible.
Estas son as propostas coas que nos presentamos ás eleccións. Táchanse a medida que se van cumprindo, pero sempre quedan visibles para que poidas comprobalo.
Encargar unha auditoría externa a empresa independente para darlle transparencia ao uso do diñeiro público.
Transparencia total. Queremos que cada euro quede documentado e accesible.
Publicación proactiva de contas, contratos, subvencións e dietas. Auditoría externa da xestión herdada.
Compromiso do novo goberno coa transparencia fronte á opacidade denunciada do anterior. Auditoría externa encargada ao inicio do mandato. Procedementos abertos contra ex-cargos do PP por gastos en restaurantes.
Plan plurianual para reducir os 5,5 millóns de euros de débeda con outras administracións herdada do anterior goberno do PP.
Partida específica no orzamento 2026 para amortizar débeda coa Xunta, coa Deputación e outras administracións, recuperando capacidade financeira do Concello.
O novo equipo de goberno reduce un 20% os custos das dedicacións exclusivas respecto ao anterior, mantendo a operatividade do Concello.
Tres dedicacións exclusivas máis unha parcial. O alcalde percibe 8.000 € menos ao ano que o seu predecesor.
Mecanismos de participación veciñal e das parroquias na decisión sobre prioridades de inversión municipal.
Formato de orzamentos participativos adaptado a Noia: consultas en parroquias, plataforma online de propostas veciñais, votación pública de prioridades.