Últimas novas

Novas

Actualidade da agrupación socialista de Noia.

Grupo Municipal

Acordo con Portos de Galicia para recuperar a pasarela do paseo marítimo

O Concello de Noia e Portos de Galicia tramitan un convenio de colaboración para financiar as obras que permitirán reabrir a pasarela do paseo marítimo, pechada temporalmente por seguridade tras os informes técnicos de ambas as administracións.

11 de xullo de 2026Administrador
Grupo Municipal

Renovamos o firme do vial de Eiroa co apoio da Deputación

O goberno municipal renova o firme do vial de Eiroa cun investimento de 37.450,25 euros financiado polo POS+ Adicional da Deputación da Coruña, mentres a Xunta asfalta a contorna da rotonda de entrada ao centro de Noia.

21 de xuño de 2026Administrador
Grupo Municipal

Noia porá fin ás verteduras fecais á ría en setembro

O goberno local que encabeza o alcalde socialista Francisco Pérez avanza na reparación dos bombeos do saneamento —14 non funcionaban correctamente— e prevé que en setembro de 2026 cesen as verteduras á ría, logo de dous anos de augas sen depurar.

16 de xuño de 2026Administrador
Grupo Municipal

Reclamámoslle á Xunta a licitación do novo centro de saúde de Noia

O alcalde, Francisco Pérez Caamaño, lembra que a licitación das obras do novo centro de saúde de Noia, con máis de 10 millóns de euros de investimento previsto, segue pendente da Consellería de Sanidade.

04 de xuño de 2026Administrador

O PSdeG reclama no Parlamento un plan digno para as mariscadoras de Noia

Paloma Castro, portavoz socialista de Pesca, cualifica de insuficiente e incompatible co anterior o plan da Xunta ante a mortaldade do marisco: en Noia só 76 mariscadoras se acollerían ás axudas de 700 euros ao mes.

02 de xuño de 2026Administrador

Traballamos para non perder os 200.000 € do GALP destinados á Factoría da Mocidade

O Concello negocia co GALP e cos servizos técnicos para corrixir as irregularidades herdadas do anterior goberno do PP e manter a subvención europea para A Chaínza.

06 de maio de 2026Administrador

Levamos ao Parlamento a reclamación dun centro de día público para Noia

O grupo parlamentario do PSdeG rexistrou unha iniciativa para esixirlle á Xunta a construción dun centro de día en Noia, un servizo demandado dende hai anos pola veciñanza maior.

06 de maio de 2026Administrador

Jesús Díaz Fornas, exalcalde de Noia, dirixirá a gestora do PSdeG en Ribeira

A executiva do PSdeG designou ao histórico dirixente noiés Jesús Díaz Fornas como responsable da gestora encargada de reorganizar a agrupación socialista de Ribeira.

06 de maio de 2026Administrador

Aprobamos o orzamento de 2026 cunha inversión sen precedentes en saneamento

O novo orzamento municipal de 14,5 millóns de euros, pactado co BNG, prioriza o saneamento, a mellora de servizos e a débeda herdada do anterior goberno do PP.

06 de maio de 2026Administrador

Seis meses de goberno: balance do alcalde Francisco Pérez

O alcalde Francisco Pérez fai balance tras medio ano á fronte do Concello: unha herdanza "case catastrófica" do PP, fluidez de traballo co BNG e os primeiros froitos na xestión municipal.

06 de maio de 2026Administrador
Agrupación

Estreamos o portal dos socialistas de Noia

Unha web pensada para a cidadanía: escoitar, informar e render contas. Aquí vas atopar o programa, as novas do grupo municipal e unha canle directa para enviarnos propostas.

23 de abril de 2026Administrador